Celebración do III Encontro de ContraMINAcción sobre Impactos da Minaría

YLNM joins ContraMINAcción to celebrate third Meeting on Impacts of Mining, in Galicia

ContraMINAcción celebra os III Encontros sobre Impactos da Minaría o próximo sábado 4 de marzo en Santiago de Compostela (Centro Socio-Cultural Vite), desde as 10:30 h, coa participación destacada de membros de diversas organizacións internacionais que fan parte da rede global Si á Vida Non á Minaría / Yes to Live No to Mining (YLNM), xunto con membros de diversas organizacións galegas.

Cartel A3 III EncontroM

A minaría é un tema de preocupación pública e cada vez máis candente en Galiza, así como noutras partes do mundo. Por este motivo, véñense celebrando bianualmente desde 2013 encontros para o debate sobre os impactos socioecómicos, legais e ambientais da minaría. Nestes III Encontros queremos prestar atención especial á destrución de auga, terra e aos procesos de criminalización dos que se opoñen aos proxectos mineiros, e tamén apuntar alternativas á minaría.

Na actualidade, a administración segue a manter unha actitude de desleixo cara os problemas ambientais e unha disposición favorable cara o desenvolvemento mineiro. Se ben a contestación social conseguiu que a Xunta xa non se atreva a afirmar como no pasado que “Galiza é unha mina”, as súas actuacións parecen seguir guiándose por dito slogan. As empresas mineiras continúan a recibir cuantiosas subvencións, ao tempo que se ignoran as mínimas esixencias ambientais e legais a esas mesmas empresas e se poñen todo tipo de trabas e dificultades ás empresas ambientais e aos afectados en xeral.

Todo isto tradúcese en:

  • Dificultades para acceder á información ambiental e aos trámites mineiros por parte da veciñanza afectada e das asociacións ambientais

  • Pola vía da Lei de Acompañamento dos orzamentos, pretenden que a Cámara Mineira (organismo privado integrado unicamente por empresas do sector) se converta no único rexistro público das concesións mineiras de Galiza, furtando a participación e o control público á cidadanía e aos partidos políticos.

  • A Consellería de Industria négase a declarar a caducidade das concesións mineiras incumprindo así as disposicións legais. Así por exemplo, diante das peticións expresas á Consellería de Industria para que declare as caducidades das concesións mineiras de Erimsa na Terra Chá non se recibiu ningunha contestación. O Sindicato Labrego Galego ten rexistrado oficialmente esta petición á Consellaría de Industria seis veces dende 2013.

Terra, auga e patrimonio vénse ameazados en Triacastela coa ocupación de terras e montes comunais, a destrución de vías públicas de comunicación ou de recursos hídricos. Ademais,Cementos Cosmos está pasando literalmente por riba dun dos máis importantes patrimonios arqueolóxicos e paleontolóxicos de Galicia e mesmo do Estado español. Ante a solicitude de declaración da cova de Eirós como BIC, a administración mira cara a outro lado diante da súa inminente destrución.

Terra e auga tamén están ameazados en Lousame. Os titulares da explotación mineira de San Fins solicitaron unha autorización de vertido de augas mineiras industriais ao río San Fins. Gran parte desas augas verteranse sen tratamento algún. Para o resto consideramos que o tratamento proposto será totalmente insuficiente. Aparentemente ditas augas teñen uns contidos de metais pesados moi superiores ao legalmente establecidos e estarían afectando aos campos de marisqueo da Ría de Muros-Noia. Esta explotación carece de estudo de impacto ambiental a pesar de que foi requirido reiteradamente aos sucesivos titulares da mesma. Agora a empresa mineira denuncia á asociación ecoloxista ADEGA por tomar unhas mostras de auga na mina, reproducindo os modelos de criminalización que as empresas mineiras de todo o mundo aplican aos seus opositores.

Os III Encontros deste ano veñen precedidos da celebración en Santiago de Compostela da reunión de coordinadores rexionais de todo o mundo de Yes to Life No to Mining (YLNM). A rede galega ContraMINAcción será a anfitrioa, convidando aos seus membros a participar nos III Encontros para coñecer de primeira man as súas reflexións, obxectivos e accións en relación aos diferentes problemas relacionados coa minaría por todo o planeta. O movemento YLNM foi concibido en 2012 por individuos, organizacións e redes de todo o mundo preocupados polo benestar ameazado polo crecemento exponencial da minaría na última década. Xunto con estes convidados queremos realizar dentro do programa dos III Encontros, un evento festivo solidario en lembranza de Berta Cáceres, activista ambiental hondureña asasinada hai un ano, coñecida pola súa loita contra diferentes proxectos mineiros.

ContraMINAcción é un rede galega de colectivos que ten por obxectivos a identificación e análise dos diferentes proxectos mineiros en Galiza, compartir estratexias e medios para loitar contra a minaría destrutiva, servir de apoio xurídico e técnico aos afectados e difusión na na sociedade dos problemas que está a xerar a minaría, levando a cabo accións informativas en todas as comarcas. Na actualidade está composta por 22 colectivos (Aenda, Agrupaçom de Montanha Augas Limpas, Asemblea Rural Galega, Asociación ecoloxista Arco Iris, Asociación Véspera de Nada, Associação Socio-Cultural O Iríbio, Asociación Treze-Catorce, Columna San Fins, Comisión de Asociacións en contra das minas da Terra Cha, Contramínate Conmigo de Laxe, Federación Ecoloxista Galega, Asociación Petón do Lobo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma pola Defensa do Galiñeiro, Plataforma Veciñal Corno do Monte, Ribeiras do Miño, Salva la Selva, Santa Comba Viva, Sindicato Labrego Galego, Sos Courel, SOS Groba e Verdegaia)

A participación é libre e gratuíta. O aforo é limitado, polo que a admisión ao Encontro será por orden de inscrició neste enlace.

IMG-20170222-WA0008

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

YLNM member network ContraMINAcción will celebrate its third Meeting on Impacts of Mining next Saturday, March 4th in Santiago de Compostela (Vite Socio-Cultural Center), from 10:30AM. The meeting will bring together several international organizations that are part of the global network Yes to Life, No to Mining Network (YLNM), along with members of various Galician organizations.
Participation is free, but capacity is limited. Book your place at the meeting.

 

 

Cartel A3 III EncontroM

Mining is a subject of growing public concern in Galicia, as well as in other parts of the world. For this reason, we have been holding biannual meetings since 2013 to debate the socioeconomic, legal and environmental impacts of mining. In this third meeting, we wish to pay special attention to the destruction of water, land, and the criminalisation of defenders who oppose mining projects, and also to point out alternatives to mining.

At the present time, the administration of Spain continues to maintain an attitude of negligence towards environmental problems and a favorable disposition towards mining development. The regional government Xunta of  Galicia affirms this approach. As in the past, it continues to consider that “Galicia is a nail mine”, and their performance seems to continue to be guided by this slogan. Mining companies continue to receive large subsidies and enjoy weak legislation, while the impacts of mining are displaced onto communities and environmental organisations.

All this translates into:

  • Difficulties in accessing environmental information and information on mining procedures for the affected communities and environmental associations.
  • As part of the Law of Accompanying the budget, they intend that the Chamber of Mines (a private body composed solely of companies in the sector) will become the only public register of the mining concessions of Galicia, stealing participation and public control of citizenship and political parties.
  • The Ministry of Industry will declare the expiration of mining concessions in breach of legal provisions. For example, in response to the requests made to the Ministry of Industry to declare the expiration of the mining concessions of Erimsa in Terra Chá, no reply was received. The Labrego Galego Union has officially submitted this petition to the Department of Industry of the Xunta six times in 2013.

Land, water and heritage are seen in Triacastela with the occupation of communal lands and mountains, destruction of public roads of communication or water resources. In addition, Cementos Cosmos is literally passing through the most important archaeological and paleontological assets of Galicia and even the Spanish State. The administration is looking the other way over issues such as the imminent destruction of the ancient Eirós Cave, where ancient artefacts can be found.

Land and rivers are also threatened in Lousame. The owners of the San Fins mining operation requested an authorization for the dumping of industrial mining waste into the San Fins river. Much of the water will be treated. For the rest we consider that the proposed treatment will be totally insufficient. Already there is a suggestion heavy metal levels higher than the legally established limit would affect the shellfish beds of Ría de Muros-Noia. This exploitation requires an environmental impact study despite the fact that it has been repeatedly requested to the successive owners of the same. Now the mining company denounces the ecological association ADEGA for taking  samples of water in the mine, reproducing the models of criminalization that mining companies of the world apply to their opponents.

This year’s third Meeting on Impacts of Mining will be preceded by the celebration in Santiago de Compostela of the meeting of worldwide coordinators of Yes to Life No to Mining (YLNM). The Galician network ContraMINAcción will be the host, inviting its guests from YLNM to participate in the third meeting and be the first to reflect on and discuss the different problems related to mining throughout the planet. The YLNM movement was conceived in 2012 by individuals, organizations and networks from around the world concerned about the costal and ecological threat posed by the exponential growth of mining in the last decade. Together with these guests, we will carry out a solidarity event in memory of Berta Cáceres, a Honduran environmental activist who was assassinated one year ago, and who courageously opposed different mining projects.

ContraMINAcción is a Galician network of collectives that have as objectives to identify and analyze two different mining projects in Galicia, to share strategies and means to stand against destructive mining, to serve as a technical and legal support to those affected and to inform society about the dangers and impacts of mining. At present it is composed of 22 groups (Aenda, Agrupaçom de Montaña Aguas Limpas, Asemblea Rural Galega, Asociación ecoloxista Arco Iris, Association Vípera de Nada, Asociación Socio-Cultural O Iríbio, Asociación Treze-Catorce, Columna San Fins, Association Committee in Against the mines of Terra Cha, Contramínate Conmigo de Laxe, Ecoloxista Galega Federation, Petón do Lobo Association, Platform for the defense of Corcoesto and Bergantiños, Platform pola Defensa do Galiñeiro, Plataforma Veciñal Corno do Monte, Ribeiras do Miño, Salva la Selva, Santa Comba Viva, Labrego Galego Union, Sos Courel, SOS Groba and Verdegaia)

Participation is free, but capacity is limited. Book your place at the meeting.

IMG-20170222-WA0008

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Related Posts